HORTA. Diversidade, confinamento e máis tomates
Foi a miña (fada) madriña, Mari Morado quen me ensinou o significado de DIVERSIDADE. Mais foi Carme Romero, ceramista e defensora do patrimonio (coa sua diversidade) quen esta primavera alimentou a miña "fé".
En tempos de confinamento, a miña principal esperanza era ver as sementeiras medrar. Os gobernantes non me deixaban ir á miña horta de autoconsumo por mor do covid (así morrera de fame...) e as miñas plantiñas confinadas no pequeno invernadoiro dun piso, sen case terra nin luz, ficaron racús. Tan racús que cando nos desconfinaron e transplantei as tomateiras case non sobreviviu ningunha, tan só as contadas cos dedos dunha man.
A casualidade fixo que a través das redes sociais descubrira que Carme estaba na situación contraria: tiña moitas tomateiras cativas, mais por arre ou por xo, non ía poder transplantalas todas. Así foi que ela ofreceume unhas poucas e crucei ao outro lado da ría para ir buscalas.
Carme con agarimo, foi separándome tres tomateiras de cada clase das que ela sementera con agarimo, agasallándome non só con plantóns, senón tamén con sementes en potencia, de VARIEDADES que o seu pai (que en paz descanse) COIDOU e CONSERVOU durante anos.

As pequeniñas tomateiras viaxaron dun lado da ría ao outro amañadiñas nunha bandeixa reutilizada por Carme, ata chegar á miña eira na Arealba. Adaptadas a unha terra arxilosa, pasaron a vivir en territorio hostil, arenoso como unha duna.

Comentarios
Publicar un comentario