LECTURAS. La rabia. Lolita Bosch
Se te preguntas qué podes facer ti, ou que podemos facer como sociedade, eu responderíache que o primeiro é ser consciente da violencia, o segundo visibilizala e o terceiro, escoitar a quen constrúe para a paz, como é o caso de Lolita. Na súa web personal podes ver non só as súas obras senón tamén os seus proxectos para a paz. Ademais, ela mesma responde nunha entrevista no blogue de educación e TIC, Tiching, cando lle preguntan que podemos facer nós, as persoas, nós, as familias, nós, as mestras.Lolita enfatiza na necesidade de que as docentes teñan interese nas emocións do alumnado, non só no curricular. Ademáis, cando é preguntada por qué medidas cre que se precisan para acabar co bullying, cita catro principais:
- Preguntar ás crianzas como están
- Facer enquisas anónimas nas escolas e ás persoas docentes
- Ter acceso de balde á axuda psicolóxica, emocional e legal
- Facilitar lugar onde denunciar alén do ámbito escolar
Sobre a lectura, que dicir, non foi a miña favorita, mais amosa a perspectiva persoal dalguén que viviu ese calvario, e é un desafogo necesario, un berro de atención a unha locura permanente, a un cancro que asola á mocidade nun sistema baseado na individualidade e na violencia. Recoméndoa.

Comentarios
Publicar un comentario